Friday 19 de April de 2024

Arteixo acolle un encontro intermunicipal para definir estratexias territoriais conxuntas


• Acudiron alcaldes e representantes da Coruña, Carballo, Culleredo, Laracha e Arteixo

O concello de Arteixo organizou hoxe unha reunión cos alcaldes e representantes dos municipios lindeiros para unha sesión de traballo para coñecer que temas e desafíos consideran os municipios veciños que Arteixo debería de incorporar no debate da súa propia estratexia territorial, e que tipo de proxectos poderíanse acometer de forma conxunta entre todos os concellos. Con este obxectivo, nesta primeira reunión preparatoria estiveron presentes os edís de Laracha, José Manuel Löpez Varela, Carballo, Evencio Ferrero, e Culleredo, José Ramón Rioboo, ademais do Comisionado para a Mobilidade do concello da Coruña, Antonio Alfeirán. A mesa de traballo estivo presidida polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo.
A reunión serviu para coñecer que temas ou desafíos ten expostos os municipios veciños nas súas respectivas axendas urbanas/ ou similares, que consideran que valería a pena traballar de maneira coordinada.
O encontro tamén serviu para Incrementar o coñecemento mutuo entre os municipios veciños e os obxectivos que devanditos municipios teñen expostos, e crear unhas condicións favorables que permitan que uns municipios veciños e autónomos a nivel competencial poidan converterse, sen renunciar á súa autonomía, senón partindo dela, en municipios cooperadores.
Os municipios presentes xa están vinculados por diversas interdependencias e existe unha comunicación en curso a través da que se está traballando en temas industriais, de loxística e de mobilidade.